Saltar ao contido

Articulación umerorradial

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cóbado

A articulación umerorradial é unha articulación do membro superior humano, que forma parte do cóbado. Artella o úmero e o radio, permitindo diversos movementos.

Superficies articulares

[editar | editar a fonte]

Na parte superior ou proximal intervén o cóndilo umeral, e na parte inferior ou distal intervén a cavidade radial, formando unha enartrose.

Movementos

[editar | editar a fonte]

A articulación pode realizar todos dos movementos, por ser unha enartrose. O ligamento anular do cóbado evita as dislocacións, agás cando se supera a súa resistencia e rompe. O tendón do bíceps braquial pode, cun grande esforzo, sacar o radio da articulación.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Gray. Anatomy of the human body (en castelán). Edición de 1918 de dominio público.